Facemos do deporte un lugar seguro

collage-deixaxogar

"Deixa Xogar nace para implantar a cultura do bo trato e da corresponsabilidade entre as familias e as entidades deportivas na prevención da violencia no deporte."

“O deporte galego non pode ser un escenario para a violencia, senón un punto de encontro onde, dende o respecto e a cooperación, todos xogemos unidos”

“DEIXA XOGAR. O DEPORTE É SEU. O RESPETO É NOSO”

Deixa Xogar é o resultado institucional da preocupación compartida entre a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), a Xunta de Galicia e Juntos Invulnerables pola prevención e a protección fronte ás distintas formas de violencia que sofren as persoas menores no deporte galego.

En Galicia, o deporte é moito máis ca actividade física: é un espazo de educación, convivencia e desenvolvemento persoal.

Porén, no deporte base persiste unha realidade que non se pode ignorar: a violencia maniféstase a través de berros e insultos desde a bancada, presións desmedidas, actitudes discriminatorias, e abuso emocional, físico, sexual ou dixital.

Recompilación de datos in situ sobre incidentes de violencia ocorridos durante a competición

Interpretar os datos e elaborar informes periódicos de prevalencia

Propoñer accións preventivas, protectoras e educativas que reduzan as taxas de violencia a cero.

Proporcionar formación en prevención e protección a todos os axentes do deporte federado

Medir para comprender. Comprender para actuar

“Los niños no pueden detener el abuso. Pero los adultos sí.
Es hora de hablar. Es hora de actuar.”

(Start to Talk – Consejo de Europa)

A través de una App, el colectivo arbitral de las federaciones deportivas gallegas reportará cada inciente violento ocurrido en las competiciones, sea cual sea su procedencia (en competición o desde la grada).

Este sistema garantiza la trazabilidad y la fiabilidad de la información.

La recopilación estará segmentada por provincias y se actualizará semanalmente, publicándose un informe de prevalecía trimestral desde el inicio de la temporada 2026 -2027.

La recogida de datos estará segmentada por provincias y los datos se actualizarán semanalmente y se publicarán en un informe de prevalencia cada tres meses desde el inicio de la temporada 2026 – 2027.

Hasta ese momento, tanto la App y el Observatorio permanece operativos en fase beta.

Datos en tiempo real recopilados por el observatorio

El Observatorio recopila, analiza y presenta información verificada sobre los distintos tipos de violencia en el deporte base. Cada dato procede de fuentes contrastadas y se actua liza de forma periódica para ofrecer una visión precisa de la situación real y orientar la toma de decisiones en materia de prevención y protección.

1 Tipos

incidencias

COMPARATIVA/TENDENCIA

Con respecto al trimestre anterior en el que la violencia física fue la predominante, en este periodo la violencia ejercida por los padres en la grada es la que ha ido en aumento exponencial.

La verbal entre deportistas se mantiene estable.

trimestre

2 Roles implicados

incidencias
categorias

Guía de prevención da violencia
para entidades deportivas e familias

“Non se trata de compartir a mesma tarefa, senón de compartir o mesmo propósito”

O respecto e a confianza mutua son a base dunha relación positiva entre familias e entidades deportivas, na que cada parte achega as súas fortalezas para acadar un mesmo obxectivo: o desenvolvemento persoal e o benestar das persoas menores a través do deporte.

A cultura do bo trato non comeza cun protocolo; comeza na maneira en que as persoas adultas nos relacionamos coas persoas menores.

Esta guía ofrece ás entidades deportivas e ás familias unha ferramenta práctica para acompañar adecuadamente a infancia e a adolescencia, e para previr que sexan vítimas de violencia no ámbito deportivo.

Entidades deportivas · Adestradores/as · Familias

observatorio violencia deporte gallego

Guía para entidades deportivas e familias

Ferramenta pedagóxica e de diagnóstico que dá resposta á necesidade de crear contornas deportivas seguras, respectuosas e emocionalmente saudables para a infancia e a adolescencia.

observatorio violencia deporte gallego

Protocolo Galego de Protección

O Protocolo Galego de Protección ás Nenas, Nenos e Adolescentes fronte á Violencia no Deporte foi aprobado o 14 de maio de 2024 polo Observatorio da Familia e da Infancia da Xunta de Galicia.

observatorio violencia deporte gallego

Infografías para espazos deportivos e webs

Recursos visuais que recollen as mensaxes clave da guía, listos para a súa impresión e colocación en todas as instalacións deportivas galegas e nas páxinas web das entidades e das federacións.

A formación como
base da prevención

observatorio violencia deporte gallego

A formación é a ferramenta máis eficaz para previr a violencia contra a infancia e a adolescencia no deporte.

Cando falta coñecemento, repítense condutas aprendidas hai tempo baixo a idea de “sempre se fixo así”.

Esa inercia converte en costume prácticas inadecuadas ou mesmo prexudiciais.

A ausencia de formación consolida modelos deportivos autoritarios, normaliza a presión e silencia o malestar.

Só a través da formación continua é posible substituír eses modelos por outros nos que a cultura do bo trato e do respecto estea no centro.

Desde o Observatorio da Violencia impulsaranse distintas accións formativas nas áreas de detección, prevención, protección e xestión da violencia no deporte base, co obxectivo de fortalecer as competencias das entidades e das federacións e crear contornas deportivas seguras, responsables e conscientes.

0 +
Entidades formadas
0 +
Técnicos formados
0
Recursos disponibles

Cando o Xogo se Racha

Casos reais de violencia no deporte base recompilados e divulgados por Xuntos Invulnerables

Cada unha destas historias axúdanos a entender que pasou, que erros se cometeron e que temos que mellorar

Últimos informes del observatorio

Entidades asociadas

As seguintes entidades públicas e privadas contribúen a impulsar a cultura do bo trato no deporte base de Galicia.

"Súmate á cultura do bo trato no deporte galego."

Próximos Eventos

Prensa e comunicados

Comunicados, notas oficiais e cobertura dos medios sobre o procexto Deixa Xogar.

Acceso directo a contidos verificados para uso institucional ou mediático.

Contacto e canles de atención

Comunicados, notas oficiais e cobertura dos medios sobre o Observatorio.